viernes, 20 de octubre de 2017

¿ Entrega de Premios Princesa de Astúrias?

Dibujo de Castelao

Pois si, creo que veñen apagar incendios

¿Tu pensas o que dis? ou como di Rajoy en castrapio "piensas antes de hablar o hablas tras pensar" que é como dicir na nosa terra ¡cala que xa me estás fodendo!

  para isto xa teñen os galegos e asturianos que están adestrados co chapapote e o Tren de Santiago,  estes veñen polas mamandurrias que aquí non hai veda para elas

¿E non virán apagarlle os fumes a Puigdemon?

Home ¡agora deches no cravo! ese lume non o manteñen nin as papeleiras de Galicia, Asurias e Portugal xuntas

¿E porque dis iso? os do lume non foron os pirómanos?

¡Pois claro!

E que lle pasa ao can, cada día está máis fraco


pois que lle vai a pasar, que agora coa crise os ósos os como eu e ao can tocoulle mirar para min




Cuadro El Tumulto

Fagan coro e non empuxen que xa me falta o reloxo

¡E mira unha cousa! digo eu, aora que temos xente tan preocupada por Europa en Asturias ¿que che parece si dámoslles unhas landras para que reforesten as zonas queimadas de especies autóctonas como o carballo? Rajoy podería empezar a plantar os 500 millóns de árbores que prometeu en campaña

¿Pero ti estás parbo ou que che pasa? o que dixo Rajoy foi para que os verdes pasasen do vermello e votasen ao azul ¡que carallo impórtalle a Rajoy  un arbol máis ou un arbol menos ¡os arboles non votan e que eu saiba tampouco dan comisións !xa viches para que lle importan as árbores! ¡para a celulosa !e alí prefírenos queimados volta e volta!
Rajoy dixo iso como puido dicir: 
"los gallegos son muy gallegos y mucho gallegos, hacen cosas y Galicia es una gran nación! ¡pero que no se les ocurra montarme un referendum ilegal, que les meto un 155 con apoyo en diferido de Albert y Pedrin, por donde se empiezan los cestos"

¡Anda paspán espabila e imos tomar unhas cuncas de ribeiro antes de que nos queimen as viñas 


Enlace Traductor Gallego- español en línea



No hay comentarios:

Publicar un comentario